Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O 25 de marzo conmemórase o 132 aniversario da inauguración da vella Ponte Internacional

24/03/2018

O 25 de marzo de 1886 inaugurábase de xeito oficial a antiga ponte internacional sobre o  río Miño deseñada polo enxeñeiro Pelayo Mancebo. Co gallo do seu 132 aniversario, a Eurocidade Tui- Valença rememora ese fito o domingo 25 de marzo.

Ás 16 hora española será inaugurada no Núcleo Museológico de Valença a mostra "O beijo das locomotivas".

Posteriormente, ás 16.30h, xa na vella Ponte Internacional terá lugar o momento musical no que desde as dúas beiras partirán unha concertina valenciana e o grupo Seixos Albos de Areas ata o centro da ponte, deste xeito emularán o encontro das locomotoras "Valença do Minho" e "Alfonso XII" o día da inauguración. Haberá unha recreación histórica con vellos gardas de fronteira e agasallarase aos asistentes cunha postal conmemorativa do 132 aniversario.