Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O alcalde solicita entrevistas co presidente da Xunta e a presidenta da Deputación para abordar as necesidades da cidade

15/05/2018

Realiza esta petición cando se cumpren 7 meses dende que accedeu á alcaldía

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, remitiu esta mañá sendos escritos ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, solicitándolles unha entrevista para transmitirlles as necesidades da cidade.  Explicaba o rexedor que este xoves, 17 de maio, cúmprense sete meses dende que está na alcaldía polo que “coido que é un bo momento” para manter unha xuntanza xa que para o goberno municipal “unha boa colaboración interinstitucional é sen dúbida unha prioridade”. 

É por este motivo que lles solicita tanto ao presidente da Xunta coma á presidenta da Deputación unha entrevista para “poder pór en común os aspectos que teñen que ver con Tui”. Por último Carlos Vázquez Padín agarda que a solicitude feita a ambos mandatarios poida ser atendida ao longo das próximas semanas.