Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Club Xadrez Tui disputa a segunda xornada da División de Honra

1/02/2018

A competición será este sábado, 3 de febreiro, no Club Náutico San Telmo

O Club Xadrez Tui, que na pasada tempada acadou o ascenso a División de Honra, competirá este sábado 3 de febreiro, na segunda xornada da liga, a partir das 17.00 horas, nas instalacións do Club Náutico San Telmo.

O equipo, que na primeira xornada acadou un contundente 5-1, contra o Club Círculo Chantadino Xadrez Dragan Paunovic, en Chantada (Lugo), tentará repetir triunfo ante o Club Círculo de las Artes, tamén de Lugo.

Ao mesmo tempo disputarase a segunda xornada do grupo de Terceira División, onde o Club Xadrez Tui se enfrontará ao Club Xadrez Ramiro Sabell Mobialia.