Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Concello de Tui saca a licitación a elaboración dun informe sobre estado das vivendas de Caldelas

20/02/2018

O Concello de Tui vén de sacar a licitación a contración do contrato de servizos para a elaboración dun informe/ditame/proposta sobre as patoloxías presentes do edificio das vivendas rehabilitadas polo Concello do antigo cuartel da Garda Civil de Caldelas. O importe da licitación ascende a 5.445€.

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, explica que para o equipo de goberno é unha prioridade darlle unha solución á situación deste edificio de vivendas tanto para facer xustiza cos propios veciños que no seu día mercaron unha das vivendas municipais, coma polo interese do propio concello propietario do inmoble no que restan 11 vivendas baleiras.

Este é o primeiro paso efectivo en moito tempo, indica Vázquez Padín, para facer un diagnóstico fiable dos problemas do edificio para, a partir, de aí, poder tomar medidas encamiñadas á solución da problemática.