Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Concello solicita a Fomento a mellora da Avenida de Portugal

9/05/2018

Hai mes a subdelegada do goberno visitou Tui, e hoxe dende o Concello remitiuse unha memoria valorada

Esta mañá remitiuse dende o Concello de Tui unha memoria valorada ao Ministerio de Fomento, a través da subdelegación do goberno en Pontevedra no que se solicita a transformación da Avenida de Portugal dende a vella Ponte Internacional até o cruzamento cara o cruce da Guarda e a rúa Tenencia.

Dende o Concello, segundo explica o alcalde, Carlos Vázquez Padín, solicítase ao Ministerio de Fomento unha actuación integral nesta zona da súa competencia tendo en conta que é a entrada a Galicia dende Portugal e que forma parte do Camiño Portugués a Santiago.  En concreto demándase a mellora urbana de toda a zona, embelecendo este vial, creando amais unha rotonda no cruzamento entre a Avenida de Portugal e a rúa Tenencia  e a estrada da Guarda, co que mellorar amais a seguridade vial na zona.

Hai un mes o alcalde, Carlos Vázquez Padín, e o concelleiro de Obras, Antonio Castro, estudaron in situ  as actuacións a acometer coa subbdelegada do goberno na provincia de Pontevedra, Ana María Ortiz.