Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Concello vén de conceder a licenza para a rehabilitación do edificio para os novos xulgados na praza de Galicia

12/07/2018

A Xunta de Goberno Local do Concello de Tui concedeu esta semana á Vicepresidencia e Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia a licenza municipal de rehabilitación, reforma e cambio de uso do edificio situado na praza de Galicia, que anteriormente se destinaba a centro de saúde. O orzamento de execución de obra supera o 1,4 millóns de euros.

O novo edificio xudicial terá unha superficie superior aos 1.800 metros cadrados distribuídos no soto, onde se emprazarán os arquivos e os calabozos, unha planta baixa con carácter institucional na que o vestíbulo dará acceso ás tres salas dos xulgados e un primeiro andar con carácter administrativo onde se distribuirán as dependencias dos tres xulgados, segundo se avanzou no mes de decembro na presentación do proxecto.