Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Conservatorio abre o prazo de inscrición para probas de acceso

1/05/2007

Prazo de Inscrición para as probas de acceso ao 1º curso do 1º ciclo de Grao Medio no Conservatorio de Música

    O Conservatorio de Música de Grao Medio de Tui  informa que dende o próximo mércores, 2 de maio, e até o 31 dese mes, está aberto o prazo de inscrición para as probas de acceso ao 1º curso do 1º ciclo de Grao Medio

    As probas convócanse para as seguintes especialidades Clarinete, Contrabaixo, Fagot, Frauta traveseira, Gaita, Guitarra, Oboe, Percusión, Piano, Saxofón, Trombón, Trompa, Trompeta, Tuba, Viola, Violín e Violonchelo.

    As solicitudes recolleranse nas dependencias do Conservatorio os martes de 9.30 a 13.30 e de luns a venres de 16 a 20.30h