Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O DOG publica hoxe as axudas para aluguer e reconstrución de vivendas para os afectados pola explosión de Paramos

7/06/2018

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a ORDE do 5 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os gastos de aloxamento provisional e de reparación dos danos causados nas vivendas e no seu enxoval doméstico, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui, o 23 de maio de 2018, con carácter plurianual

Establécense subvencións directas de ata 125.000 euros -incluído o enxoval doméstico- para quen perdera por completo a súa vivenda, que poderá reconstruírse no mesmo lugar ou noutro.

Tamén se inclúen axudas para a rehabilitación das vivendas que sufriron danos. As achegas poderán acadar o 100% do valor de reparación cando se trate da vivenda habitual e ata o 40% para ocasional. Nestes casos tamén se habilitan ata 3.000 euros para a recuperación do enxoval doméstico.

Ademais, haberá axudas ao alugueiro de 450 euros ao mes durante dous anos, para custear o aloxamento provisional das familias que o precisen. A isto sumaranse 600 euros adicionais para gastos de alta de subministros ou fianza.

O prazo para solicitar as axudas ao aluguer é de 2 meses contados dende hoxe e para as axudas a reconstrución haberá tres meses até o 7 de setembro.

No Centro de Afectados asesoran aos afectados na tramitación destas axudas. 

Ver orde