Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O EGM da 12.000 ointes á Radio Municipal de Tui, un novo record de audiencia

1/05/2007

O EGM da 12 mil ointes á Radio Municipal de Tui

    A última oleada do EGM, Estudo Xeral de Medios, correspondente ao primeiro trimestre do ano, vén de dar unha audiencia de 12 mil oíntes á Radio Municipal de Tui.

    Estes datos son excepcionais xa que superan en 2 mil os logrados no acumulado de 2006, que fóra de 10 mil oíntes.  Deste xeito a RMT logra unha cota de audiencia nunca acadada ata o momento nos xatorce anos de emisión que leva a emisora municipal.

    De novo os oíntes veñen de refrendar a liña de traballo e a aposta informativa que a Radio Municipal de Tui realiza dende 1993 cando comezaron as súas emisións.

    Para todo o equipo humano que fai posible día a día a programación desta emisora é todo un orgullo e unha gran satisfacción o  nivel de audiencia acadado, e o excelente resultado que dá a última oleada do EGM.

Fonte: www.galicia-suroeste,info