Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O Fondo de Emerxencia, que se aprobará o xoves en pleno, cubrirá en primeiro lugar as necesidades básicas dos afectados

28/05/2018

No pleno estudaranse os informes sobre a conveniencia de solicitar a declaración de zona catastrófica.

A xunta de portavoces do Concello de Tui reunida este mediodía na casa do concello consensuou levar a o pleno ordinario deste xoves a aprobación dun millón de euros, con cargo ao remanente de tesourería, para o Fondo de Emerxencia tras explosión rexistrada o pasado mércores na parroquia de Paramos.

Os voceiros políticos estiveron de acordo en que a distribución destes fondos se realice en coordinación cos Servizos Sociais Comunitarios municipais, destinándose en primeiro lugar para cubrir as necesidades básicas de alimentos, roupa, transporte... dos afectados.

Por outra parte a Xunta de portavoces acordou abordar tamén no pleno ordinario deste xoves a conveniencia da declaración de zona catastrófica baseándose no informe elaborado pola secretaría municipal e noutro informe que se solicitará a un técnico externo.