Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

O goberno municipal levará a pleno nos próximos meses a rebaixa do IBI

10/03/2018

Este era un dos puntos do acordo programático entre C21 e PP

O goberno municipal de Tui tratará nos vindeiros meses de levar a pleno a rebaixa do IBI, Imposto de Bens Inmobles, que era un dos puntos do acordo programático chegado entre C21 e PP para gobernar no Concello de Tui. 

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explicaba que esa rebaixa do IBI, faise máis pertinente que nunca “tendo en conta o malestar que está xerando na poboación a regularización do Catastro” algo que aclara “é completamente alleo ao concello”. 

Arestora o goberno municipal está a estudar coma acometer esa rebaixa. Posteriormente levará a pleno, nos próximos meses, a aprobación inicial da baixada do IBI, no que sería o primeiro paso a dar dunha medida que, completada a tramitación, entraría en vigor o 1 de xaneiro do seguinte exercicio, neste caso de 2019.