Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O IV Open Eurocidade de Judo celebrarase este sábado no pavillón municipal de Valença

4/07/2018

Este sábado 7 de xullo, dentro do Calendario deportivo da Eurocidade, celebrarase o IV Open Eurocidade de Judo, organizado polo club de judo valenciano Juvalença, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, a Federación Portuguesa de Judo e o Instituto Portugués de Desporto. O pavillón deportivo municipal de Valença albergará este campionato dende as 15.00 horas españolas. Participarán máis de 250 deportistas nas categorías xuvenil e cadete.