Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O mago Teto presenta maña venres en Tui "Preto de ti"

10/05/2007

O Mago Teto presenta mañá en Tui “Perto de Tí”Será ás 21.30h no Teatro Municipal  O Teatro Municipal de Tui acolle mañá venres, ás 21.30h, un espectáculo único no que se combina maxia e técnicas audiovisuais. Correrá a cargo do Mago Teto, considerado un dos mellores magos galegos, que fará disfrutar a maiores e pequenos durante a hora que dura a función. “Perto de Ti” é un espectáculo onde todo cambia, o escenario pasa a ser un pequeno tapete de fieltro sobre unha mesa, os focos de luces de cores transfórmanse na atenta mirada dos espectadores, e a distancia entre o público e o mago redúcese. Cartas, navallas e moedas son os pequenos obxectos que fan posibles grandes milagres durante unha hora de maxia íntima, onde os espectadores poden sentir a maxia nas súas propias mans e sentir as emocións proporcionadas cando a maxia se transforma en arte.  As entradas poranse á venda ás 16.30h ao prezo de 3,5€, 2,5 € con desconto e 1,5€ para os menores de 12 anos.  Esta espectáculo forma parte da programación que organiza a Concellería de Cultura. Mago Teto con Perto de Tí Data: Venres 11 ás 21.30hLugar: Teatro Municipal de TuiVenda de localidades:o venres dende ás 16.30hPrezo das entradas: 3,5€, 2,5€ con desconto e 1,5€ os menores de 12 anosOrganiza: Concellería de Cultura