Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O mércores 25 de abril recital do poeta Alfonso Pexegueiro e os músicos d Berrogüetto Anxo Pintos e Quico Comesaña

24/04/2007

RECITAL POETICO CON ALFONSO PEXEGUEIRO E COS MÚSICOS ANXO PINTOS E QUICO COMESAÑA, DO GRUPO BERROGÜETTOOrganizado pola Biblioteca o mércores 25 de abril ás 20,30 horas no Teatro Municipal A Biblioteca Pública Municipal de Tui organiza para o vindeiro mércores 25 de abril, no Teatro Municipal tudense, un recital a cargo do poeta Alfonso Pexegueiro que estará acompañado dos músicos Anxo Pintos e Quico Comesaña, integrantes do grupo Berrogüetto.Neste recital, que combina música e poesía, Alfonso Pexeguiero recitará poemas do seu libro “A illa das mulleres loucas” acompados polos sons da zanfona e da arpa, nunhas pezas musicais de Anxo Pintos e Quico Comesaña inspiradas nos devanditos poemas.Alfonso Pexegueiro naceu en Angoares (Ponteareas) en 1948. Iniciou a súa actividade literaria en 1975 coa creación do Grupo de Comunicación Poética "Rompente", un fito na historia da poética galega. Fundador en 1980, xunto con outros autores, da Asociación de Escritores en Lingua Galega, foi o seu secretario ata xuño do 1985, ano no que marcha a vivir a Barcelona para voltar, no ano 2000, a Galicia. Da súa obra poética cómpre salientar o poemario Seraogna (1976), libro anovador considerado po algúns críticos como precursos dos novos rumbos que seguiría a creación poética galega. Con Mar e naufraxio obtería o Premio da Crítica Galicia de 1978. En 1984 publicou A illa das mulleres loucas, reeditado por Galaxia en 2004. No eido da narrativa publica Relatos para salferir (1981) e Desatinos dun maldito (1991), continuando o seu labor poético na derradeira década do século XX con ¿Serán os cisnes que volven (1995) e Hipatia (1998). No ano 2005 publicou un libro de narración: Dados blancos.Pola súa banda Anxo Pintos e Quico Comesaña forman parte do grupo de música folk “Berrogüetto” que teñen realizado un traballo intenso e innovador na música de Galicia, no ano 2002 foron nomidados aos premios musicais Grammy Latino na categoría de “Mellor album folk”. Anxo Pintos na actualidade é un dos impulsores da orquestra de musica folk “Son de seu”.Para o concelleiro de cultura de Tui, Moisés Rodríguez Pérez, este concerto é un gran espectáculo que mistura poesía e música e que pola beleza das composicións a interpretar fará as delicias dos asistentes. Este recital forma parte da programación do “Mes das letras” que ofrece a Biblioteca Municipal de Tui ao longo dos meses de abril e maio.