Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O planetario viaxeiro visita Tui do 25 de setembro ao 5 de outubro

25/09/2006

A EXPOSICION DIDÁCTICA “O PLANETARIO VIAXEIRO”
ACHÉGASE A TUI DO 28 DE SETEMBRO AO 5 DE OUTUBRO

A Fundación “La Caixa” coa colaboración da Concellería de Cultura do Concello de Tui ofrecen na sala de Exposicións do edificio da Área Panorámica dende o vindeiro xoves 28 de setembro ao 5 de outubro a posibilidade de achegarse ao mundo da astronomia dun xeito participativo e lúdico. Un achegamento a realizar por medio do “Planetario viaxeiro”, unha cúpula de máis de tres metros e medio de diámetro onde se reproducen con fidelidade unhas 500 estrelas e, mediante espellos graduables, os planetas do sistema solar.
O planetario ofrece a posibilidade de facer unha visita aos escolares onde poden aproximarse a diversos coñecementos ou temas:
- o paso gradual do día á noite
- o sol
- as estacións
- as constelacións
- a lúa
Os centros educativos interesados en visitar este Planetario cómpre teñan en conta as seguintes indicacións:
- É preciso solicitar a cita previamente, ao través do seguinte correo electrónico: biblioteca@concellotui.org, indicando o horario solicitado que posteriormente será confirmado.
- A vista de cada grupo ten unha duración aproximada de trinta minutos.
- Os grupos non poden superar os 20/25 membros pola capacidade da propia instalación.
O horario de visitas é de lúns a venres de 09,00 a 14,00 e de 16,30 a 20,30 horas, namentras que o sábado abrirá de 09,00 a 13,00 horas. Os grupos escolares ou doutra índole interesados en visitar esta exposición poden solicitar unha cita previa dirixindo a correspondente solicitude á Biblioteca Pública Municipal de Tui.
Esta exposición da continuidade á actividade desta Sala Municipal de Exposicións que ten amosado en datas recente diversas mostras como “Galicia Dixital” e “Ao través das enerxias” ou a exposición pictórica de Lúa Gándara. En datas vindeiras poderemos contemplar nesta Sala novas exposicións tanto de divulgación científica como de novos soportes artísticos.

Tui, 26 de setembro de 2006