Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O Tyde participa esta fin de semana no Torneo Internacional de Fútbol de Versmold que terá carácter solidario cos afectados de Paramos

1/06/2018

O equipo alevín do Tyde CF participa dende hoxe e ata  o domingo no Torneo Internacional de Versmold xunto a equipo de Francia, Eslovenia, Eslovaquia, Polonia e Alemaña. Un torneo que despois da catástrofe sucedida na parroquia tudense de Paramos a pasada semana terá carácter solidario. A localidade de Versmold desexan solidarizarse cos afectados e durante o torneo recadarán fondos para os afectados de Paramos.

Onte o equipo alevín do Tyde foi despedido no Concello polo alcalde, Carlos Vázquez Padín, de forma previa a iniciar a viaxe cara a localidade alemá coa que Tui está irmandada.