Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O venres inaugúrase a exposición de pintura "Xogos reunidos"

2/05/2007

O VENRES INAUGÚARASE A EXPOSICIÓN DE PINTURA “XOGOS REUNIDOS” O vindeiro venres 4 de maio a Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui acolle a inauguración, ás 20,00 horas, dunha exposición de pintura que baixo a nome de “Xogos reunidos” acolle unha escolma da producción artística de varios membros da familia Álvarez-Blázquez. En concreto, nesta exposición poderemos contemplar as obras de:         - Blanca Álvarez-Blázquez Fernández, gravados e acrílicos sobre papel         - Irene Álvarez-Blázquez Márquez, óleo sobre lenzo         - Xavier Álvarez-Blázquez Fernández, gravados e acrílicos sobre cortiza         - María Freire Álvarez-Blázquez, óleo sobre lenzo Para o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez Pérez, resulta certamente satisfactorio que estes artistas afeccionados, vencellados por lazos familiares á nosa cidade, teñan escollida a Sala Municipal de Exposicións para amosar ao público a súa máis recente producción artística, pois valoraron como altamente positivo este espazo expositivo do Concello de Tui.Con esta nova exposición continúa avanzando na súa programación esta Sala Municipal de Exposicións do Concello tudense que cunha renovada vitalidade leva adiante unha serie de mostras artísticas relacionadas con Tui e os seus artistas. Así a pasada semana rematou, con máis de 2500 visitantes, a exposición colectiva de artistas tudenses “Artuistas” que reuniu a trinta artistas do noso concello. Logo desta mostra, na segunda quincena de maio ocupará esta Sala unha nova exposición adicada á obra dun novo artista tudense: Rafael Calvo de Mora.