Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

O xoves, 22 de febreiro, celébrase o pleno ordinario da corporación municipal de Tui

22/02/2018
Casa do Concello

Será ás 20h no salón de sesións. 

A corporación municipal de Tui celebra o xoves, 22 de febreiro, ás 20h pleno de carácter ordinario con dez puntos na orde do día. 

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión anterior ordinaria nº 1, do 25 de

xaneiro de 2018.

2º.- Toma de posesión de Don José Prada Alvarez á vista da credencial remitida pola Xunta Electoral Central.

3º.- Expediente 263/2018. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e

Persoal de aprobación inicial do Orzamento Xeral para o ano 2018.

4º.- Proposta de Alcaldía de cambio de data da sesión ordinaria do Pleno de marzo.

5º.- Mocións de Urxencia.

B).- Actividade de control:

6º.- Disposicións de interese.

7º.- Dación de conta das resolucións de Alcaldía dende o nº 2018-0054 de 22/01/2018 ata o nº 2018- 0177 de 16/02/2018.

8º.- Posta en coñecemento de Informe Execución Trimestral 4º trimestre exercicio 2017.

 9º.- Posta en coñecemento de informes trimestrais.Morosidade-Lei 15/2010. Cuarto trimestre do exercicio 2017.

C).- Rogos e preguntas:

10º.- Rogos e preguntas

Ver convocatoria