Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Os Servizos Sociais informan da publicación das listaxes provisionais de admitidos e excluidos de DepoAventura

10/05/2018

Os Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui informan que vén de ser publicada a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas para o programa Depo Aventura 2018

A cada pai, nai ou titor/a, enviaraselle una mensaxe SMS ao móbil que sinalaran na solicitude cun número identificador e unha clave, cos cales poderán acceder ao expediente do/a menor e comprobar os datos. Esta mensaxe é de cortesía, o cal, non exime, de que aquelas persoas as que, por calquera motivo, non a reciban, deben estar atentas a publicación. Abrese un prazo de tres días hábiles para a subsanación ou modificación de datos. Do 10 ao 14 de maio, ambos incluídos.O documento de subsanación, está dentro do expediente e xerase automáticamente.

Consultar listaxe provisional

Os interesados poden consultar as dúbidas nos Servizos Sociais Comunitarios do Concello de Tui ou co Servizo de Cohesión Social e Xuventude no teléfono 986 804 100 ou no correo cohesionsocialexuventude@depo.es

O sorteo de prazas realizarase entre o 21 e o 25 de maio de 2018.

Os campamentos desenvolveranse entre o 24 de xuño e o 8 de setembro en 11 quendas, cunha duración de 7 días cada unha.