Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Positivo balance do funcionamento da Bibliopiscina

14/09/2006

POSITIVO BALANCE DO FUNCIONAMENTO DA “BIBLIOPISCINA”

Dende finais do pasado mes de xullo a Bibioteca Pública Municipal de Tui instalou nas dependencias da Piscina Municipal tudense unha “bibliopiscina” para ofrecerlle aos bañistas unha alternativa de lecer: a lectura.
Agora ao rematar a tempada veraniega dende esta Biblioteca realízase una balance altamente positivo do funcionamento desta experiencia de extensión bibliotecaria. Foron moitos os usuarios da Piscina que se achegaron á “bibliopiscina” para escoller un libro co que encher os tempos de lecer na súa estadía. Especialmente positiva, como sempre, foi a resposta dos cativos que en gran número disfrutaron da escolma de libros instalada na Piscina Municipal.
O obxectivo da Concellería de Cultura tudense, ao través da Biblioteca Municipal, era achegar a lectura aos cidadáns, propoñendo os libros como una forma de ocio alternativo e enriquecedora. Este obxectivo está ampliamente acadado. Para os responsables bibliotecarios o número de usuarios era un obxectivo secundario. De todos os xeitos, non é posible proporcionar datos estatísticos ao tratarse a “biblipiscina” dunha instalación de libre acceso o que dificultaba un control rigoroso dos seus usuarios.
A Biblioteca Municipal tudense continua traballando para espallar a lectura como una imprescindible ferramenta para a educación, a cultura e a información dos cidadáns. Amáis desta inicitiva da “Biblipisicina”, a Biblioteca tudense, nesta mesma liña, colabora coa Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia na campaña “Lendo espero”, que ofrece o acceso aos libros na sala de espera de pediatría no Centro de saude tudense.

Tui, 14 de setembro de 2006