Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Remodelación nas delegacións do equipo de goberno ao deixar por incompatibilidade laboral Andrés Urseira dúas das súas áreas

5/07/2018

O alcalde asume Turismo e Eduardo Freiría Deportes

O alcalde, Carlos Vázquez Padín, vén de remodelar as delegacións da alcaldía logo de que o concelleiro Andrés Urseira, por incompatibilidade laboral e de mutuo acordo co resto do equipo de goberno, deixará dúas das delegación que viña ocupando, como son as áreas de Deportes e Turismo. Porén seguirá ao fronte da Eurocidade e as Relacións Supramunicipais coma viña facendo dende o pasado mes de outubro.

Esta decisión leva a reestruturación das delegacións de tal xeito que dende a próxima semana o alcalde pasará a xestionar directamente a área de Turismo, e o concelleiro Eduardo Freiría asume Deportes, un departamento que sumará aos de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente. Por este motivo, dada a sobrecarga de traballo deste edil, o rexedor tudense proporá no pleno deste mes de xullo unha dedicación parcial para Eduardo Freiría.