Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Resolución da alcaldía declarando tres días de loito oficial

24/05/2018

Como testemuña da dor dos cidadáns de Tui ante a explosión ocorrida no día de onte na parroquia de Paramos de Tui, e recollendo o sentir deste Concello polas vítimas e perdas sofridas.
Esta alcaldía, no uso das competencias que lle confire a lexislación vixente en materia de réxime local,

RESOLVE:

PRIMEIRO.- Declarar tres días de loito oficial que comprenderán dende as 10:00 horas do día 24 de maio de 2018 ata as 10:00 horas do día 27 de maio de 2018, durante os cales as bandeiras da Casa Consistorial, ondearán a media asta en sinal de loito.

SEGUNDO.- Mostrar a condolencia e solidariedade deste Concello e de tódolos seus veciños coas vítimas desta catástrofe.

TERCEIRO.- Suspender todos aqueles actos municipais que sexan contrarios a esta situación de duelo.

Mándao e asínao o Sr. Alcalde, Carlos Vázquez Padín, en Tui.

Ver resolución