Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Reunión informativa cos afectados de Paramos este sábado ás 10.30h no Centro Cultural de Guillarei

28/06/2018

Este sábado, 30 de xuño, ás 10.30h no Centro Cultural de Guillarei, terá lugar unha nova reunión cos veciños afectados pola explosión no barrio da Torre do pasado 23 de maio.

O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, explica “nunha política de máxima transparencia e máximo contacto cos afectados” tal e coma se fixera hai quince días se informará aos veciños das novidades que se foron producindo sobre a xestión desta catástrofe e os pasos que se foron dando, ao tempo que o encontro servirá tamén para escoitar aos propios afectados. Na reunión amais do alcalde participarán tamén o xerente urbanístico, Rubén Vázquez e a traballadora social, Carmen González.