Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Tui e Vermsold renovan esta fin de semana o acordo de irmandade

6/04/2018

Os municipios de Tui e Versmold renovan este domingo a irmandade entre ambos cando se cumpren cinco anos da sinatura do convenio asinado o 6 de abril de 2013.

Ás 11h no salón de sesións da casa do concello terá lugar o acto institucional que contará coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, e do burgo maestre de Vermold, Michael Meyer-Hermann, xunto ao membros das dúas corporacións, e do exalcalde de Tui, Moisés Rodríguez, que foi quen asinou o convenio hai un lustro.  A banda de gaitas de Paramos interpretará no transcurso do acto unha peza galega e outra alemá. Neste acto tamén recibirán a Mención Especial do Premios Deporte Tudense o municipio de Versmold, a Asociación Versmdold Tui, e o Sport Club Pekeloh co que foron recoñecidos na Gala do Deporte celebrada o pasado mes de febreiro, que recollerán nesta ocasión.

Mañá á tarde chegará a Tui a delegación alemá integrada amais de por membros da corporación por veciños de Versmold que participarán estes días nas festas de San Telmo, e aproveitarán para realizar visitas turísticas no municipio.