Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Oficina Técnica de Rehabilitación

Departamento de Urbanismo, Praza do Concello 1

986 60 36 25 ext 49

Martes e xoves de 9 a 14h

ari@concellotui.org

 

Presentación

A Oficina Técnica de Rehabilitación do Concello de Tui informa, asesora e xestiona a tramitación das axudas aos particulares interesados en realizar intervencións nas vivendas situadas no ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui, co fin de recuperar, dinamizar e poñer en valor este ámbito histórico da cidade. Tamén participa nas intervencións nos espazos públicos desta área buscando a rexeneración social, económica e patrimonial do Conxunto Histórico de Tui.  

Servizos que presta

  • Información das axudas contempladas no Plan Estatal vixente dentro do ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui.
  • Información das axudas compatibles dentro do ámbito da Área de Rehabilitación do Conxunto Histórico de Tui. 
  • Información das axudas vixentes no Camiño de Santiago ó seu paso por Tui.
  • Información das axudas doutras entidades públicas para o resto do ámbito municipal.
  • Asesoramento técnico, visitas técnicas e suxerencia de intervencións nos inmobles.
  • Redacción de documentación técnica para a solicitude de comunicación previa para obras menores.
  • Información aos técnicos encargados da redacción de proxectos de obras maiores.
  • Seguimento de tramitación das comunicacións previas ou licenzas solicitadas.
  • Tramitación administrativa e seguimento das axudas solicitadas.
  • Seguimento técnico durante a execución das obras menores.
  • Estreita colaboración cos propietarios.
  • Supervisión dos orzamentos e facturas.
  • Colaboración cos servizos sociais para casos en situación de emerxencia.

Axudas na ARI - Outras Axudas

 

 

Áreas: 
Patrimonio
Urbanismo