Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Padrón

A Oficina Municipal do Padrón está situada na secretaría casa do concello.  O padrón municipal é o rexistro administrativo onde figuran os veciños dun municipio.  As certificacións que expide sobre residencia e domicilio habitual teñen carácter de documento público.

A alta no Padrón de habitantes prodúcese por nacemento, ou cambio de residencia, deben en ambos casos presentar a corresponde solicitude no concello. Mentres a baixa prodúcese por falecemento ou cambio de domicilio habitual debendo igualmente comunicar esta situación na oficina do Padrón. Tamén é posible que se produza un cambio de domicilio dentro do mesmo municipio, debendo nese caso solicitar a modificación dos datos existentes.

A taxa establecida pola expedición dun volante de convivencia ou residencia é de 0,75€, e pola expedición dun certificado de residencia, convivencia ou histórico de 2,29€. Os volantes entréganse no momento de solicitude unha vez se aboaran as taxas no departamento de tesouría, e no caso dos certificados a entrega realízase os martes e xoves, previo pago tamén na tesourería municipal. 

Modelos de solicitude 

Alta

Baixa

Modificación 

Certificado 

Volante