Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Praias Fluviais

O río Miño ao seu paso polo municipio de Tui presenta distintas zonas para o baño sendo as máis destacadas as praias fluviais de Areeiros, en Guillarei, e do Penedo, en Caldelas. Na metade do século XX era moi frecuentada a praia da Metralla, moi próxima ao casco urbano, pero hoxe está prácticamente desaparecida pola acción do río na beira. Mentres a praia da Mariña, no Paseo Fluvial, dende hai anos non é apta para o baño.

A praia de Areeiros conta amais cun pequeno pantalán de atraque para embarcacións. 

Cada verán dende o Concello se acondicionan as praias de Areeiros en Guillarei e do Penedo en Caldelas procedendo ao limpado destes espazos, colocando aseos públicos e no caso de Guillarei tamén un quiosco de praia. Estas dúas praias teñen a cualificación de excelente no control que das zonas de baño levado a cabo pola Xunta de Galicia.

Hai outras zonas de baño na época estival coma son o Pozo Baqueiro e os Muíños de Paredes na parroquia de Rebordáns.