Pestanas principais

Ruta Xudía

Os Sambenitos, a casa de Salomón e a Menorá da Catedral elementos destacados do patrimonio xudeu

Tui atesoura un importante patrimonio vinculado á presenza na cidade da comunidade xudía e xudeoconversa. Destacan os Sambenitos, atopados hai anos no arquivo da Catedral e que están arestora no Museo Diocesano. Son pezas únicas en Europa. A isto súmase a Casa de Salomón, única en Galicia na súa tipoloxía, situada na rúa Canicouva conta cun patio central arredor do que se distribúe a vivenda. Tamén compre destacar a Menorá do claustro catedralicio que é testemuña da relación que existía entre a comunidade xudía e a cristiá.  Estes son os tres elementos máis destacados cos que Tui conta ligados á importante comunidade xudía que houbo na cidade, aos que se suman moitos outros coma a sinagoga, a carnicería...

Visitas guiadas pola ruta xudía.

Dentro das visitas guiadas gratuítas que oferta o Concello de Tui  está o  percorrido pola ruta xudía - consultar horario - pero tamén se pode facer por libre a través da ruta sinalizada que comeza tamén na praza da Inmaculada e que o través dos sinais e códigos QR conduce ao visitante polo patrimonio xudeu que conserva a cidade.  A ruta está recollida tamén nun folleto turístico a dispor dos interesados na Oficina de Turismo.

Folletos Ruta Xudía - Criptoxudaísmo e Inquisición en Tui