Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo

Zona Azul

Tui conta con varias áreas de estacionamento gratuíto limitado no tempo, Zona Azul, no que se pode aparcar un máximo de hora e media. Están situadas nas rúas Augusto González Besada, Foxo, Rosa Bahamonde, Travesía Foxo e Calvo Sotelo.

Os condutores que estacionen nestas rúas deberán colocar o reloxo indicativo coa hora de chegada, que poderán obter na tesourería na casa do concello por 0,60€, sendo tamén válido o reloxo de calquera outra zona azul. A Policía Local vixiará esta zona para garantir o cumprimento do tempo limitado de estacionamento. Con esta medida búscase que poida haber nestas cinco rúas rotación nos vehículos de tal xeito sexa máis doado atopar estacionamento para as persoas que desexen ir de compras, facer xestións, ou trámites, dando resposta a unha vella demanda do comercio tudense. 

Ver ordenanza

Áreas: 
Seguridade