Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

CONTRATACIÓN SERVIZO ELABORACIÓN DE INVENTARIO DE CAMIÑOS E VÍAS MUNICIPAIS DO CONCELLO DE TUI.
Data de fin de prazo: 06-06-2017 convocatoria Mesa de Contratacion
SERVIZOS
Detalle licitación

ANUNCIO

Con data 2 de xuño de 2017 dítase resolución de Alcaldía do seguinte teor literal:

"Resolución de Alcaldía.- Convocatoria Mesa de Contratación de contrato de servizo "Elaboración de inventario de camiños e vías municipais do Concello de Tui".

Realizado en acto público o día 22 de maio do actual, apertura correspondente ao sobre nº1, documentación administrativa, do contrato de servizo "Elaboración de inventario de camiños e vías municipais do Concello de Tui" e rematado o prazo de presentación de documentación requirida a licitadores aos efectos de subsanación, para continuar co procedemento legalmente establecido e de conformidade co prego de cláusulas administrativas, esta Alcaldía-Presidencia, no uso das competencias conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE:

PRIMEIRO.- Convocar á Mesa de Contratación, en acto non público, para o vindeiro martes, día 6 de xuño, ás 10,00 horas, aos efectos de verificar documentación requirida de subsanación ao sobre nº 1 "documentación administrativa" e acordo da Mesa de empresas admitidas á licitación.

SEGUNDO.- Convocar á Mesa de Contratación, en acto público no Salón de Sesións do concello, para o vindeiro martes, día 6 de xuño, ás 10,30 horas, aos efectos de apertura do sobre nº 3 (criterios que dependen dun xuízo de valor).

TERCEIRO.- Facer pública a presente convocatoria mediante a súa publicación no Taboleiro de anuncios do Concello e no perfil do contratante e dar traslado aos membros da Mesa de Contratación designados."

O que se comunica aos efectos de publicación no Taboleiro de Edictos do concello e Perfil do Contratante da páxina web do concello.

En Tui, o Alcalde-Presidente.
Documento asinado dixitalmente ao marxe.








Documentación:
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625