Notice: Undefined variable: tabla in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/licita/licitaciones.php on line 514 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

CONCESIÓN POSTO DE CAFETERÍA EN MERCADO DE ABASTOS
Data de fin de prazo: 03-07-2017 Licitacion desierta
Expediente: 335/2017 OUTROS
Detalle licitación

Ós efectos de proceder á licitación para a adxudicación da concesión demanial para explotación do posto de cafetería no Mercado Municipal de Abastos do Concello de Tui, exponse simultaneamente ó público o anuncio para a presentación de proposicións e as bases de licitación aprobadas por Acordo da Xunta de Goberno Local de data 20/04/2017, por un prazo de 30 días hábiles, ós efectos de presentación de proposicións e de reclamacións respectivamente, a contar dende a última publicación deste anuncio no BOP e no Perfil do Contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org).
1.—ENTIDADE ADXUDICATARIA:Concello de Tui.
2.—OBXECTO DO CONTRATO: “Concesión de posto de Cafetería no Mercado de Abastos do Concello de Tui”.
3.—TRAMITACION , PROCEDEMENTO E FORMA DE ADXUDICACION:
a) Tramitación: ordinaria. b) Procedemento: aberto. c) Forma: Único criterio adxudicación prezo á alza do canon anual.
4.—CÁNON E DURACIÓN DA CONCESIÓN:
Canon anual mínimo de concesión: 1.763,16 €, IVE incluído. Así mesmo, o adxudicatario da licitación deberá abonar mensualmente a taxa por ocupación establecido na Ordenanza Fiscal da Taxa por Servizo de Lonxas e Mercados do Concello de Tui.
Duración: 10 anos (prorrogable por un máximo de 2 anos mais).
5.—GARANTIAS:
—Definitiva : equivalente ó 5% do importe da adxudicación.
6.—OBTENCION DE DOCUMENTACION E INFORMACION:
Secretaría do Concello de Tui. Tfno.: 986.60.36.25. fax: 986.60.41.48.
Data límite de obtención de documentación e información: día anterior ó do remate de presentación de propostas.
7.—CRITERIOS BASE PARA A ADXUDICACIÓN
-Mellor prezo que se ofreza, que en ningún caso será inferior ao canon mínimo establecido.
8.—PRESENTACION DAS OFERTAS:
a.—Data límite: 30 días hábiles contados a partir do seguinte ó da última publicación do edicto no BOP e no Perfil do Contratante da páxina web do concello (www.concellotui.org)
b.—Documentación a presentar: a que figura no prego de condicións.
c.—Lugar de presentación: Rexistro Xeral do Concello de Tui, de 9 a 14 horas.
9.—APERTURA DE PROPOSICIONS: Terá lugar en acto público, e deberá efectuarse no prazo máximo dun mes contado dende a data de finalización do prazo para presentar as ofertas.
10.—GASTOS: Serán de conta do adxudicatario: Os que se fan constar na cláusula 23 do prego de condicións.
Tui, O Alcalde, Enrique Cabaleiro González.
Documento asinado dixitalmente

Documentación:

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625