|
Procedemento de adxudicación: Negociado sen publicidade, en razón da súa contía, art. 157,161.2 e 162 da Lei de Contratos do Sector Público.
Acordo Xunta de Goberno Local: 08/07/2010.- ADXUDICACION DEFINITIVA.- Acordado na Xunta de Goberno Local de data 10/06/2010 adxudicación provisional do referido subministro e unha vez que o adxudicatario proposto presentou a documentación requirida polo Concello para a súa elevación a adxudicación definitiva. A xunta de goberno local, por unanimidade, adoptou o seguinte acordo.
Adxudicar definitivamente á empresa IMAGEN HOSTELERIA Y OFICINAS, S.L., CIF B36568326, con enderezo en Vigo, rúa Urzáiz nº 77 (36204), a contratación do "SUBMINISTRO DE MOBILIARIO DESTINADO Ó CONVENTO DE SANTO DOMINGO PARA ALBERGUE TEMPORAL DURANTE O ANO 2010", por un importe total de 24.309,31€ (Orzamento base: 20.956,30€ e 3.353,01€ de IVE), ó se-la proposta que acadou maior puntuación das presentadas en base ós criterios de adxudicación establecidos no prego de condicións aprobado.
A formalización do contrato realizarase no prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación deste acordo.
De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP se deberá notificar ós candidatos ou licitadores o referido acordo así como publicarase no Perfil do Contratante tal e como se indica no art. 138 da LCSP .
Tui, 8 de xullo de 2010.-
O ALCALDE
Asdo. Antonio F. Fernández Rocha.
|