|
1.- A Xunta de Goberno Local, en sesión de 8 de xullo 2010, adoptou acordo de aproba-la memoria orzamento para a contratación de subministro "FOLLETOS E RUEIROS TURÍSTICOS", por importe total de 23.500,88€ (Orzamento base: 19.916,00€. IVE 18%: 3.584,00€), autorizándose o gasto pola referida cantidade e aprobándose o expediente de contratación e prego de condicións, mediante procedemento negociado sen publicidade, en razón da súa contía (art. 157, 161.2 e 162 da LCSP), invitándose a un mínimo de tres empresas capacitadas para a realización do obxecto do contrato.
2.- Invitadas a tres empresas, a Xunta de Goberno Local, en sesión de 21 de xullo 2010, acorda:
1º.- Non admitir as ofertas presentadas polas empresas: "GRAPHA VIGO, S.L.", ó non presentar a documentación requirida, e "SIXPRESS COLOR, S.L." ó presentar a documentación requirida fora de prazo.
2º.- Adxudicar provisionalmente á empresa "GRAFICAS JUVIA, S.L.", con CIF B36020816, con enderezo en Tui, Guillarei, Polígono Industrial Os Viveiros, s/n, a contratación do subministro de "FOLLETOS E RUEIROS TURÍSTICOS", polo importe total de 23.500,88€ (Orzamento base: 19.916,00€. IVE: 3.584,88€.), de conformidade coa proposta presentada e prego de condicións aprobado.
3.- Publicado acordo de adxudicación provisional no Perfil do Contratante polo prazo de quince días hábiles e unha vez que o adxudicatario proposto presentou a documentación requirida polo concello, para a súa elevación a definitiva, esta Alcaldía, avogando a competencia delegada na X.G.L.mediante Resolución da Alcaldía de data 20 de xuño de 2007, por razóns de urxencia, en virtude do artigo 14 da lei 30/92 RESOLVE:
1º.- Adxudicar definitivamente á empresa " GRAFICAS JUVIA, S.L.", NIF- B36020816, con enderezo en Tui, Guillarei, Polígono Industrial Os Viveiros, s/n, a contratación do subministro de "FOLLETOS E RUEIROS TURÍSTICOS", polo importe total de 23.500,88€ (Orzamento base: 19.916,00€. IVE: 3.584,88€.), de conformidade coa proposta presentada e prego de condicións aprobado.
2º.- A formalización do contrato realizarase no prazo de dez días hábiles a contar dende o día seguinte ó da notificación desta resolución.
3º.- De conformidade co estipulado no art. 137 da LCSP deberase notificar ós candidatos ou licitadores a referida resolución así como a súa publicación no Perfil do Contratante, tal e como se indica no art. 138 da LCSP.
4º.- Dar traslado desta resolución ós departamentos de Secretaría, Intervención, Xunta de Goberno Local e ó Pleno da Corporación na vindeira sesión que este celebre.
Tui, 11 de agosto de 2010
O ALCALDE
Asdo. Antonio F. Fernández Rocha.
Ante mín
O Secretario en funcións
|