Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Convocatoria e bases de selección contratación laboral temporal a tempo completo, en interinidade, operario de limpeza
Data de inicio: 05-05-2017.
FINALIZA O PLAZO: 22-05-2017
Convocatoria e bases de selección contratación laboral temporal a tempo completo, en interinidade, operario de limpeza

O obxecto das presentes bases é proceder á selección dun operario de limpeza viaria, e a súa contratación laboral temporal a tempo completo, ó abeiro da normativa reguladora dos contratos de traballo temporais por interinidade en tanto non se produce a cobertura definitiva da praza 04.01.02.13, xustificada na providencia desta Concellería de data 4 de abril de 2017.

A persoa contratada deberá prestar os seus servizos a tempo completo.

A duración máxima do contrato será ata a cobertura en propiedade da praza coma persoal laboral fixo ou a amortización da mesma.

As retribucións básicas e as complementarias serán as correspondentes o posto de Operario de limpeza viaria código 04.01.02.13, previstas no anexo do orzamento do Concello de Tui .

O contrato de traballo rexerase pola normativa reguladora dos contratos de traballo temporais por interinidade.

As funcións a desenvolver pola persoa seleccionada serán as previstas na Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui, para o posto con código 04.01.02.13, Operario de limpeza viaria., dependente do departamento obras, unidade limpeza viaria.

As persoas interesadas, poderán presentar as súas solicitudes durante 10 días hábiles, dende o día seguinte ó da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra

Bases de contratación
Instancia interesados
Declaración responsabilidade
Pago de Taxas

Funcións Operarios Limpeza

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625