DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICA: Que por parte desta Alcaldía e con esta mesma data ditouse a seguinte Resolución: "Finalizado o prazo de presentación de instancias para tomar parte no proceso de selección para a contratación laboral temporal a tempo parcial dun PROFESOR DE PIANO, para impartir clases no Conservatorio Profesional/Escola de Música do Concello de Tui, e que foi convocado mediante resolución de alcaldía de data 25 de febreiro de 2009, e publicada no Atlántico Diario de data 26 de febreiro de 2009. Finalizado así mesmo o prazo concedido aos interesados para a presentación de reclamacións á lista de admitidos e excluidos, e visto o escrito de data 8 de outubro, presentado por D. Rubén López López, aos efectos de ser admitido no devandito proceso de selección, esta Alcaldía-Presidencia no uso das facultades conferidas pola lexislación vixente, RESOLVE: PRIMEIRO.- Aprobar definitivamente a lista de admitidos e excluidos do proceso de selección arriba indicado, dacordo coa seguinte relación: ADMITIDOS. -Bernataviciute Ausra. -González González, Laura. -González Lage, Ainhoa. -Cristobal Calvo, Beatriz. -López López, Rubén. EXCLUIDOS: (instancia presentada fora de prazo). -Rúa Toucedo, Arturo. SEGUNDO.- Designar ao Tribunal que estará formado polas seguintes persoas: -Presidente: *D. Aitor Iglesias Monzón. -Vocais: *D. Ángeles Domínguez Ramos. *D. Rafael Sánchez Bargiela. *D. José Ángel Fernández Rodríguez. -Secretaria: *Dna. Irene Suárez López. -Asesores: *D. Jesús González Rodríguez. *D. Karolis Biveinis TERCEIRO.- Convocar ao Tribunal e aos aspirantes para o vindeiro día 15 de outubro de 2009 as 10:00 horas, para la realización do proceso de selección na Casa Consistorial E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui, a catorce de outubro de dous mil nove. Visto e Prace O ALCALDE |