| DONA IRENE SUÁREZ LÓPEZ, SECRETARIA XERAL DO EXCMO. CONCELLO DE TUI, CERTIFICO: Que por parte da Alcaldía, con esta mesma data, dictouse a seguinte Resolución: En relación co proceso de selección dun AUXILIAR ADMINISTRATIVO, convocado por Resolución de Alcaldía de data tres de febreiro de dous mil dez e unha vez finalizado o prazo de presentación de instancias, RESOLVO: 1º.- Designar ó Tribunal que estará formado polas seguintes persoas: -Presidente: -D. Rafael Sánchez Bargiela (titular). -D. José María Melero González (suplente). -Vocais: -Dna. Mª de los Ángeles Domínguez Ramos (titular). -Dna. Amalia González Solla.(suplente). -Dna. Mª Jesús Blanco Martínez (titular). -Dna. Dolores Martínez Gamallo.(suplente). -D. José Ángel Fernández Rodríguez (titular). -Dna. Eulogia Paramos Estévez (suplente). -Secretaria: -Dna. Irene Suárez López. -Dna. Ceferina Saa Rodríguez . 2º.- Declarar admitidos a tódolos aspirantes presentados. 3º.- Convocar ao Tribunal e ós aspirantes, para o día 26 de febreiro de 2010 ás 10:30 horas nas dependencias do Telecentro de Comunicacións do Concello de Tui, sito na Rúa Colón, nº 2 (Área Panorámica), para a realización do proceso de selección. E para que así conste, expido a presente, de orde e co visto e prace do Sr. Alcalde, en Tui a vintecatro de febreiro de dous mil dez. Visto e Prace O ALCALDE |