Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Ambitos de Aplicación - Rexime de Entrada - Estancia - Residencia

ÁMBITO DE APLICACIÓN

Considéranse estranxeiros ós efectos de aplicación da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, ós que carezan de nacionalidade española, sen prexuízo do establecido nas leis especiais e nos Tratados internacionais nos que España sexa parte.

Os nacionais dos Estados membros da Unión Europea e aqueles os que sexa de aplicación o réxime comunitario rexeranse polas normas que o regulan, séndolles de aplicación dita lei naqueles aspectos que puideran ser máis favorables.

Quedan excluídos do ámbito de aplicación da citada Lei:

  • Os axentes diplomáticos e os funcionarios consulares acreditados en España, así como os demais membros das misións diplomáticas permanentes ou especiais e das oficinas consulares e os seus familiares que, en virtude das normas do Dereito Internacional, estean exentos das obrigas relativas a súa inscrición como estranxeiros e á obtención da autorización de residencia.
  • Os representantes, delegados e demais membros das Misións permanentes ou das Delegacións ante os Organismos intergubernamentais con sede en España ou en Conferencias internacionais que se celebren en España, así como os seus familiares.
  • Os funcionarios destinados en Organizacións internacionais ou intergubernamentais con sede en España, así como os seus familiares, ós que os Tratados nos que sexa parte España eximan das obrigas mencionadas no parágrafo a)

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625