Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

DEREIRO Á EDUCACIÓN

O artigo 9 da Lei Orgánica 4/2000, de 11 de xaneiro, sobre dereitos e liberdades dos estranxeiros en España e a súa integración social, recolle o dereito á educación nos seguintes termos:

  • Os estranxeiros menores de dezaseis anos teñen o dereito e o deber á educación, que inclúe o acceso a unha ensinanza básica, gratuíta e obrigatoria. Os estranxeiros menores de dezaoito anos tamén teñen dereito á ensinanza posobrigatoria.

Este dereito inclúe a obtención da titulación académica correspondente e o acceso ó sistema público de becas e axudas nas mesmas condicións que os españois.
No caso de alcanzar a idade de dezaoito anos no transcurso do curso escolar, conservarán ese dereito ata a súa finalización.

  • Os estranxeiros maiores de dezaoito anos que se encontren en España teñen dereito á educación de acordo co establecido na lexislación educativa. En todo caso, os estranxeiros residentes maiores de dezaoito anos teñen dereito a acceder ás demais etapas educativas posobrigatorias, á obtención das titulacións correspondentes, e ó sistema público de bolsas nas mesmas condicións ca os españois.
  • Os poderes públicos promoverán que os estranxeiros poidan recibir ensinanzas para a súa mellor integración social.
  • Os estranxeiros residentes que teñan en España menores ó seu cargo en idade de escolarización obrigatoria, deberán acreditar dita escolarización, mediante informe emitido polas autoridades autonómicas competentes, nas solicitudes de renovación da súa autorización ou na súa solicitude de residencia de longa duración.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625