Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

SISTEMA EDUCATIVO

A Lei Orgánica de Educación (LOE) establece a estrutura básica do sistema educativo español, organizándoo a través de etapas, ciclos, graos, cursos e niveis de ensinanzas non universitarias.
Segundo a LOE as ensinanzas que ofrece o sistema educativo son as seguintes:

  • Educación infantil
  • Educación primaria
  • Educación secundaria que comprende a educación secundaria obrigatoria e a educación secundaria posobrigatoria
  • O bacharelato
  • A formación profesional de grao medio
  • As ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao medio
  • As ensinanzas deportivas de grao medio

Constitúen a Educación Superior:

  • A ensinanza universitaria
  • As ensinanzas artísticas superiores
  • A formación profesional de grao superior
  • As ensinanzas profesionais de artes plásticas e deseño de grao superior
  • As ensinanzas deportivas de grao superior
  • Terán a consideración de ensinanzas de réxime especial:
  • As ensinanzas de idiomas
  • As ensinanzas artísticas
  • As ensinanzas deportivas
  • EDUCACIÓN INFANTIL (0 a 6 anos)

 

A educación infantil constitúe o primeiro nivel do sistema educativo. Concíbese como unha etapa educativa única, con identidade e finalidade propia que atenderá ós nenos dende o nacemento ata os seis anos de idade, cunha orientación diferenciada de etapas posteriores, aínda que teña unha estreita relación coa educación primaria.

Organízase en dous ciclos de tres anos cada un, con carácter educativo e voluntario.

O segundo ciclo é gratuíto.

A finalidade da Educación infantil é contribuír ó desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos e nenas.

  • EDUCACIÓN PRIMARIA (6 a 12 anos)

 

A educación primaria comprende seis cursos académicos, que se cursan ordinariamente entre os seis e os doce anos de idade.

Comprende tres ciclos de dous anos académicos cada un e organízase en áreas que teñen un carácter global e integrador.

É unha etapa obrigatoria e gratuíta que conforma, xunto coa ESO, o período de ensinanza básico.

A finalidade é proporcionar a tódolos nenos e nenas unha educación común que faga posible a adquisición dos elementos básicos culturais, os aprendizaxes relativos á expresión oral, á lectura, á escritura e ó cálculo aritmético, así como unha progresiva autonomía de acción no seu medio.

  • EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA (ESO) (12 a 16 anos)

 

A Educación secundaria obrigatoria (ESO) é unha etapa educativa obrigatoria e gratuita que completa a educación básica. Consta de catro cursos académicos que ser realizarán ordinariamente entre os 12 e os 16 anos de idade.

Organízase de acordo cos principios de educación común e de atención á diversidade do alumnado. Presta especial atención á orientación educativa e profesional.

Ten como finalidade lograr que todos adquiran os elementos básicos da cultura: humanísticos, artísticos, científicos e tecnolóxicos.

Organización da ESO:

MATERIAS

Curso 1º

Curso 2º

Curso 3º

Curso 4º

Comúns

  • Ciencias da natureza
  • Ciencias sociais, xeografía e historia
  • Educación física
  • Lingua castelá e literatura e, se a houbese, lingua cooficial e literatura *( Este é o caso de Galicia)
  • Lingua estranxeira
  • Matemáticas

 

En polo menos un curso

  • Educación plástica e visual
  • Música
  • Tecnoloxía
  • Educación para a cidadanía e os dereitos humáns
  • Ciencias sociais, xeografía e historia
  • Educación ético-cívica
  • Lingua castelá e literatura e, se a houbese, lingua cooficial e literatura *( Este é o caso de Galicia)
  • Lingua estranxeira
  • Matemáticas

 

Tres materias a elixir polo alumnado entre as seguintes:

  • Bioloxía e xeoloxía
  • Educación plástica e visual
  • Física e Química
  • Informática
  • Latín
  • Música
  • Segunda lingua estranxeira
  • Tecnoloxía

Libre elección

  • Ensinanzas de Relixión:
    • Relixión
    • Historia e cultura das relixións
  • Atención Educativa

 

  • Ensinanzas de Relixión:
    • Relixión
    • Historia e cultura das relixións
  • Atención Educativa

 

Optativas

No conxunto dos tres cursos, poderase cursar algunha materia optativa de acordo co marco que establezan as administracións educativas. A oferta de materias neste ámbito de optatividade deberá incluír:

  • Segunda lingua estranxeira
  • Cultura clásica

Poderanse cursar unha ou máis materias optativas, de acordo co marco que establezan as administracións educativas.

  • BACHARELATO (16 a 18 anos)

O bacharelato forma parte da educación secundaria posobrigatoria e, polo tanto, ten carácter voluntario. Consta de dous cursos académicos que se realizan ordinariamente entre os 16 e os 18 anos de idade.
Poden acceder ós estudos de bacharelato os que estean en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria ou de Técnico. Pódese permanecer cursando bacharelato en réxime ordinario durante un máximo de catro anos. 
Os que cursan satisfactoriamente o bacharelato en calquera das súas modalidades reciben o título de Bacharel, que ten efectos laborais e académicos. Para obter o título é necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos cursos de bacharelato. Unha vez obtida esta titulación, pódese acceder ás distintas ensinanzas que constitúen a educación superior.
Para acceder ós estudos universitarios é necesaria a superación dunha única proba, que xunto coas cualificacións obtidas en bacharel, valorará, con carácter obxectivo, a madurez académica e os coñecementos adquiridos nel, así como a capacidade para seguir con éxito os estudos universitarios

  • FORMACIÓN PROFESIONAL

As ensinanzas de formación profesional comprenden un conxunto de accións formativas que capacitan para o desempeño cualificado de diversas profesións, o acceso ó emprego e a participación activa na vida social, cultural e económica.
A finalidade da formación profesional é preparar ós alumnos para a actividade nun campo profesional e facilitar a súa adaptación ás modificacións laborais que poidan producirse ó longo da súa vida, así como contribuír ó seu desenvolvemento persoal e ó exercicio dunha cidadanía democrática.
A formación profesional organízase en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, cunha organización modular, de duración variable e contidos teórico-prácticos axeitados ós diversos campos profesionais.
Para acceder ós ciclos formativos de grao medio é necesario estar en posesión do título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria.
Para acceder ós ciclos formativos de grao superior é necesario estar en posesión do título de Bacharel.
Tamén poden acceder á formación profesional aqueles aspirantes que, carecendo dos requisitos académicos, superen unha proba de acceso regulada polas Administracións educativas.

  • OUTRAS ENSINANZAS
  • Ensinanzas artísticas

A LOE regula as ensinanzas artísticas, que teñen como finalidade proporcionar ó alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música, a danza, o arte dramático, as artes plásticas e o deseño.

Son ensinanzas artísticas as seguintes:

  • as ensinanzas elementais de música e de danza,
  • as ensinanzas artísticas profesionais de música e danza
  • os graos medio e superior de artes plásticas e deseño
  • as ensinanzas artísticas superiores que agrupan:
    • os estudos superiores de música e de danza
    • as ensinanzas de arte dramático
    • as ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais, os estudos superiores de deseño
    • os estudos superiores de artes plásticas, entre os que se inclúen os estudos superiores de cerámica e os estudos superiores de vidro.

A superación das ensinanzas profesionais de música ou de danza dan dereito á obtención do título profesional correspondente. O alumnado que finaliza estas ensinanzas obtén o título de Bacharel si supera as materias comúns de bacharelato da modalidade de artes na súa vía específica de música e danza.

Os alumnos que superan o grao medio de artes plásticas e deseño reciben o título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño na especialidade correspondente. Este título permite o acceso directo á modalidade de arte de bacharelato.

Os alumnos que superan o grao superior de artes plásticas e deseño reciben o título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño na especialidade correspondente.

Os estudos superiores de música e de danza organízanse en diferentes especialidade e consisten nun ciclo de duración variable segundo as súas respectivas características.
As ensinanzas de arte dramático comprenden un solo grao de carácter superior, de duración adaptada ás características destas ensinanzas.

As ensinanzas de conservación e restauración de bens culturais teñen a condición de estudos superiores.

  • Ensinanzas de idiomas

A LOE tamén regula as ensinanzas de idiomas, dispondo que sexan organizadas polas escolas oficiais de idiomas e se adecúen ós niveis recomendados polo Consello de Europa.

As ensinanzas de idiomas teñen por obxecto capacitar ó alumnado para o uso axeitado dos diferentes idiomas, fora das etapas ordinarias do sistema educativo, e organízanse nos niveis seguintes: básico, intermedio e avanzado, que corresponden ós niveis A2,B1 e B2 do Consello de Europa.

Están dirixidas a fomentar o aprendizaxe de linguas estranxeiras, especialmente as linguas oficiais dos Estados membro da Unión Europea así como de linguas cooficiais existentes en España e do español como lingua estranxeira.

Para acceder ás ensinanzas de idiomas é requisito imprescindible ter dezaseis anos cumpridos no ano en que comecen os estudos aínda que podan acceder asimesmo os maiores de catorce anos para seguir un idioma distinto do cursado na educación secundaria obrigatoria.

  • Ensinanzas deportivas

As ensinanzas deportivas teñen como finalidade preparar ós alumnos para a actividade profesional en relación cunha modalidade ou especialidade deportiva, así como facilitar a súa adaptación á evolución do mundo laboral e deportivo e á cidadanía activa.

As ensinanzas deportivas organízanse en bloques e módulos, de duración variable, constituídos por áreas de coñecemento teóricoprácticas axeitadas ós diversos campos profesionais.

  • Educación de persoas adultas

A educación de persoas adultas ten a finalidade de ofrecer a tódolos maiores de dezaoito anos e excepcionalmente ós maiores de dezaséis que teñan un contrato de traballo que non lles permita acudir ós centros educativos en centros ordinarios ou sexan deportistas de alto rendemento, a posibilidade de adquirir, actualizar, completar ou ampliar os seus coñecementos e aptitudes para o seu desenvolvemento persoal e profesional.

A oferta educativa integra: a ensinanza básica e as ensinanzas posobrigatorias que ofrecen a oportunidade de acceder ás ensinanzas de bacharelato e formación profesional. Igualmente, organízase a oferta pública de educación a distancia que inclúe o uso das tecnoloxías da información e a comunicación.

As persoas maiores de 25 anos poden acceder directamente á Universidade, sen necesidade de titulación algunha, mediante a superación dunha proba específica.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625