Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

RENDA DE INTEGRACIÓN SOCIAL DE GALICIA (RISGA)

  • CONCEPTO

A Renda de Integración Social de Galicia (RISGA) é unha prestación social de carácter periódico destinada a garantir recursos económicos de subsistencia a quen careza deles, mediante un proxecto personalizado de inserción constituído por un conxunto de accións tendentes á mellora da integración persoal, familiar, social e, se é o caso, laboral da persoa beneficiaria.

  • REQUISITOS
  • Estar empadroado/a e ter residencia efectiva en calquera dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia polo menos durante o ano inmediatamente anterior á formulación da solicitude. Enténdese por residencia efectiva aquela que habite o solicitante por tempo superior a seis meses nun período de doce.

Quedan eximidas do cumprimento deste requisito dun ano:

    • Aquelas persoas que, procedentes doutras comunidades autónomas do Estado español, sexan beneficiarias do salario social na Comunidade Autónoma da que proceden, sempre que na lexislación desa Comunidade se recolla a reciprocidade.
    • As vítimas de violencia doméstica que cambian o seu domicilio por motivos de seguridade.
    • Os emigrantes galegos retornados cando fixen a súa residencia en Galicia. Asemade, aquelas persoas nacidas en Galicia que residindo noutras comunidades autónomas volvan fixar a súa residencia en Galicia.
  • Os cidadáns e as cidadás doutros estados non membros da Unión Europea precisarán, ademais, acreditar a residencia legal en España no momento da formulación da solicitude.
  • Ter constituída unha unidade de convivencia independente, vinculada economicamente á persoa solicitante.
  • Ter unha idade comprendida entre os 25 e os 65 anos.

Non obstante, tamén poderán ser beneficiarios:

  • Menores de 25 anos, que reunindo o resto dos requisitos, teñan menores ao seu cargo.
  • Persoas maiores de 18 anos que, tendo recoñecida a condición de minusvalía, non teñan dereito a prestación ou axuda de igual ou análoga natureza.
  • Persoas maiores de 18 anos que, antes de acadaren a maioría de idade, estivesen tuteladas pola Xunta de Galicia e internadas en centros de protección de menores ou en acollemento familiar.
  • As persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta que, reunindo os demais requisitos, non teñan dereito a outras prestacións ou axudas de análoga natureza.
  • Dispoñer de recursos económicos inferiores á contía da prestación económica da RISGA que no seu caso lle corresponda.
  • Que non existan persoas legalmente obrigadas e con posibilidade real de prestar alimentos. A xuízo do órgano de resolución, poderase eximir deste requisito aqueles solicitantes dos que se prevexa que a obriga de alimento non se poida facer efectiva por malos tratos, relacións familiares deterioradas ou inexistentes, das que exista constancia no expediente.
  • DOCUMENTACIÓN REQUIRIDA
  • Impreso de solicitude da RISGA
  • Acreditación de ingresos de todos os convivintes (IRPF, nómina, etc...), no seu caso
  • Fotocopia cotexada do DNI do solicitante e do resto das persoa integrantes da unidade de convivencia.
  • Fotocopia do libro de familia (se é o caso)
  • Copia cotexada do Recibo do Imposto sobre Bens Inmobles da vivenda propia (no seu caso)
  • Xustificación documental que proceda no caso de ser titular doutros bens mobles ou inmobles
  • Copia cotexada do certificado de Minusvalía (no suposto de que o solicitante ou calquera dos membros da unidade de convivencia teña a condición de discapacitado.
  • Orde de protección (no caso de ser vítima de violencia doméstica, que cambia o seu domicilio por motivos de seguridade)
  • No caso de persoas cidadás procedentes doutros estados
    • Copia do pasaporte ou DNI en vigor e copia da Tarxeta de Identidade de Estranxeiros
  • No caso de cidadáns procedentes doutras CC.AA. do Estado español que sexan beneficiarias do salario social da CC.AA. da que proceden
    • Copia cotexada da resolución de outorgamento
  • No caso de persoas emigrantes que fixasen a súa residencia no territorio da CC.AA. Galega
    • Copia cotexada da baixa consular e acreditación documental da súa última veciñanza administrativa anterior á emigración en calquera dos concellos da CC.AA.
  • No caso de persoas maiores de 18 anos en situación de orfandade absoluta
    • Documentación acreditativa de devandita situación
  • No caso de que o solicitante estivese empadroado durante o ano inmediatamente anterior nun ou varios concellos da Comunidade Autónoma distinto a aquel no que tramitara a solicitude
    • Certificados de empadroamento que procedan
  • PRESTACIÓNS
  • Económicas
  • Subsidio básico de contía fixa equivalente ó 75 % do importe mensual do indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM)
  • Complemento familiar variable en función do número de membros do fogar:
      • 12% do importe mensual do IPREM polo primeiro membro adicional.
      • 10 % do importe mensual do IPREM polo segundo.
      • 8 % do importe mensual do IPREM por cada un dos restantes membros.
  • Complemento de inserción: A contía deste complemento que se poida establecer nos correspondentes proxectos, será determinada en función das súas especiais características, dedicación e gastos que implique. Poderase beneficiar deste complemento toda persoa que, non sendo perceptora da RISGA, estea incorporada a un proxecto de inserción dentro dos programas elaborados para este fin.
  • Non Económicas
  • Acceso a formación  ocupacional
  • Integración laboral: Incentivos tanto para a contratación por conta allea coma para o autoemprego e a economía social e prioridade para participar nos programas de colaboración con outras administracións públicas e entidades sen ánimo de lucro para a realización de obras e servizos de interese xeral ou social e para a participación en programas mixtos de formación e emprego.
  • LUGAR E PRAZO DE SOLICITUDE

A solicitude, cando se cumpran os requisitos establecidos, poderá presentarse durante todo o ano, en:

        • Servizos Sociais Comunitarios Básicos

Concello de Tui
Praza do Concello s/n
36700 Tui
Teléfono 986 60 36 25 extensión 54
(Cita previa)

  • Delegacións Provinciais da Traballo e Benestar

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625