Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias_new.php on line 183
Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Mario Conde, pregoeiro das festas de San Telmo 2011
Data: 14-03-2011- 14:36 h.
2457 veces
NOVA

O TUDENSE MARIO CONDE, PREGOEIRO DAS FESTAS DE SAN TELMO 2011

A lectura do pregón terá lugar o sábado 23 de abril

 

A concellería de cultura do Concello de Tui informa que o tudense Mario Conde Conde será o pregoeiro das festas patronais da cidade de Tui deste ano 2011. Mario Conde é unhas das personalidades máis relevantes da vida social española das últimas décadas. Avogado, empresario, financeiro cunha traxectoria de grande relevancia, truncada  en 1993 logo do chamado “caso Banesto” polo que foi condenado. Na actualidade, tras o cumprimento da súa condena está centrado na súa actividade como empresario e como editor que compaxina coa súa participación en diversas tertulias televisivas e con edición de varios libros, tanto de memorias como sobre temas de espiritualidade, que teñen resultado éxitos de vendas.

 

Pero na traxectoria de Mario Conde salienta a súa especial relación con esta cidade na que naceu o 14 de setembro de 1948 e coa que mantén unha estreita relación, tanto polas numerosas amizades que conserva na cidade, como por decidir que repousen no cemiterio da nosa cidade os seus familiares máis directos. Cómpre resaltar que grazas ao seu apoio a Fundación Cultural Banesto editou en 1992 unha obra singular “Inventario de recursos do Baixo Miño”, traballo elaborado polo Módulo de Promoción e Desenvolvemento do Baixo Miño e que conforma unha obra de consulta imprescindible sobre a nosa comarca.

 

O Concello de Tui recibe con agrado a aceptación por parte de Mario Conde deste convite para realizar o pregón das festas pois a súa figura posúe unha alta capacidade mediática e contribuirá de xeito eficaz á difusión da nosa cidade e as súas festas patronais. Certamente este atractivo deriva, en boa medida, da súa polémica traxectoria pero tamén ten asumido as súas responsabilidades, comenta o concelleiro de cultura tudense Moisés Rodríguez Pérez.

 

O acto de lectura do pregón das festas de San Telmo terá lugar no Teatro Municipal de Tui o sábado 23 de abril de 2011.

No seguinte enlace http://www.marioconde.org/foro/mario/biografia/ pódese consultar a súa biografía con numerosas referencias á súa vida en Tui.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625