Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Consurso fotográfico co gallo do día internacional contra a violencia de xénero 3º edición
Data: 21-09-2010- 11:39 h.
2664 veces
NOVA

 

CONCURSO  FOTOGRÁFICO  CO  GALLO  DO  DÍA INTERNACIONAL CONTRA  A  VIOLENCIA DE XÉNERO 3ª EDICIÓN “RELACIÓN HOME/MULLER 100% POSITIVO”

Participantes , HABERÁ   DÚAS  CATEGORIAS 

MENORES DE IDADE, será necesario contar co consentimento expreso dos seus titores legais tanto para a participación como para o goce dos premios. 

MAIORES DE 18 anos residentes en España, sen importar a súa nacionalidade.

Tema

As fotografías deberán adecuarse ao tema e contidos do concurso. O comité organizador do concurso gárdase o dereito de aceptación das obras segundo se adecúen ou non á temática do concurso.

O tema “Relación home/muller 100% positivo”, quere facer fincapé na relación entre a muller e o home, resaltando dunha forma positiva a relación de parella, amizade, convivencia no traballo...é dicir, en todos os ámbitos da vida.

Con este concurso queremos resaltar que aínda que, desgraciadamente, existan víctimas de violencia de xénero, afortunadamente, a maioría de relacións entre homes e mulleres son relacións non violentas. Con esta campaña queremos fomentar este tipo de relacións e que acabemos entre todos coa violencia machista.

Licencia das obras

Os participantes no concurso responderán persoalmente da lexítima titularidade e orixinalidade da obra nos termos a que se refire o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual, garantindo, pola soa participación neste concurso, dita titularidade así como o carácter orixinal e inédito da obra.

Envío das obras

Cada participante poderá enviar un máximo de 3 obras.

Aceptaranse obras con retoque fotográfico sempre que non se trate de fotomontaxes.

As fotografías poderán ser en color ou en branco e negro.

As fotografías, que se presentarán en papel, terán un tamaño mínimo de 20cmx15cm e un tamaño máximo de A3 (42cmx29.70cm). Cada fotografía debe levar un título.

Os traballos presentaranse nun sobre pechado, especificando no seu exterior: “Concurso fotográfico: Relación home/Muller 100% positivo, 3ª edición” que poderá ser entregado directamente na oficina ou ser enviado por correo ao Concello de Tui. Os traballos presentaranse nun sobre, máximo 3 fotografías (recordade titular cada fotografía), e xunto a este sobre presentarase outro sobre pechado cos datos do autor/a: Nome e apelidos, enderezo, nº de teléfono e fotocopia do DNI.

Prazos

O prazo de recepción das fotografías finalizará o 15 de novembro de 2010, ata as 12h.

Fotografías finalistas e exposición

Coas fotografías premiadas e seleccionadas (un total de 50 fotografías) realizarase unha exposición na Area Panorámica.

O 25 de novembro comunicarase a decisión do xurado aos finalistas, por teléfono, e farase público a través da Radio Municipal de Tui.

Os autores seleccionados para a exposición cederán os dereitos de utilización, exposición, reproducción e distribución pública das obras seleccionadas, para uso exclusivo das accións relacionadas co concurso en cuestión.

Comité de organización e xurado

O comité organizativo estará composto polas Técnicas de Servizos Sociais, e o xurado será nomeado por este comité.

Premios

O xurado elixirá as fotografías finalistas que mellor se axusten aos criterios do concurso, tomando en consideración a súa calidade técnica e artística, e a temática das mesmas.
Os premios poderán declararse desertos.

-O finalista (categoría maiores de 18 anos) recibirá un premio de 400 €, e será agasallado cunha estancia dunha fin de semana gratuíta para dúas persoas en calquera Parador de Turismo de España.
-2º finalista (categoría maiores de 18 anos) recibirá un agasallo dunha estancia dunha fin de semana para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.
-3º finalista (categoría maiores de 18 anos) recibirá un agasallo dunha comida para dúas persoas no Parador de Turismo San Telmo de Tui.

-O finalista (categoría menores de 18 anos) recibirá un agasallo por valor de 100 €
-O 2º finalista (categoría menores de 18 anos) recibirá un agasallo por valor de 50 €
-O 3º finalista (categoría menores de 18 anos) recibirá un agasallo por valor de 50 €

Crearase unha categoría especial para aqueles CENTROS ESCOLARES que queiran participar en modalidade de grupo, que poderán participar cun máximo de 30 traballos.
-O Centro escolar finalista recibirá un agasallo por valor de 100 €, ademais de facerse entrega dun diploma e un agasallo individual para cada alumno/a participante.
*O centro escolar finalista e o 2º e 3º clasificados, poderán optar á realización dunha actividade acuático – deportiva realizada cos alumnos participantes no concurso.

Blog de Servicios Sociais

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625