Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Concerto de Batemento, verbena coa orquestra América e Concurso de Karaoke centran a proposta musical do venres de San Telmo
Data: 20-04-2017- 17:10 h.
1121 veces
NOVA

Rematan as actividades infantís con “Troula” na Corredoira e coa proxección de “El libro de la Selva”. O grupo de teatro Atalaia representará “A Lotaría”.

Chegan os días grandes das festas de San Telmo. Mañá venres, 21 de abril,  as actividades infantís terán lugar de 11.30h a 13.30h no Paseo da Corredoira con inchables e xogos baixo o título de “Troula”. Dende o pasado luns preto de 500 nenos teñen participado nestas actividades. Tamén gran éxito, con cheo total cada tarde, teñen rexistrado as proxección de cinema infantil que rematan mañá ás 16h na Sala Félix Rodríguez con “El Libro de la Selva”.

Cortes de tráfico

Debido á celebración das festas de San Telmo o Paseo da Corredoira permanecerá pechado ao tráfico – prohibíndose o estacionamento e a circulación -  dende mañá venres, 21 de abril, ás 8h ata o martes, 25 de abril ás 2h. Por outra parte dende mañá venres, ás 8h, e eta o martes ás 6h, estarán pechadas ao tráfico e non se poderá aparcar rúa Compostela, no tramo comprendido entre as rúas Ourense e Betanzos, e na rúa Mondoñedo, no tramo entre as rúas Lugo e Irmáns Maristas. Amais estará prohibido o estacionamento no lateral dereito da rúa Ourense en dirección á rúa Maristas.

Programación venres, 21 de abril

·         11.30-13.30 h no Paseo da Corredoira actividades infantís “Troula!!” con En un Tris Tras.

·         16.00 h na Sala Félix Rodríguez, porta 10 da Área Panorámica, cinema infantil “El libro de la Selva” – 115’. *Entrada libre ata completar aforamento.

·         17.00-20.00 h no pavillón novo, curso de Marcha Nórdica.

·         19.00-22.00 h no Paseo da Corredoira Festival de Karaoke coa SpaceMusic.

·         21.15 h no Teatro Municipal IX Semana de Teatro Afeccionado San Telmo. O grupo de teatro Atalaia do Centro Sociocomunitario de Tui presenta “A lotaría” – 80’. Entrada 1,5 €.

·         22.00-23.30 h na rúa Compostela verbena coa orquestra América.

·         23.30-00.30 h no Paseo da Corredoira concerto de Batemento.

·         00.30-02.00 h  na rúa Compostela verbena coa orquestra América.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625