Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere facer público o seu malestar polo feito de que a Consellería de Medio Ambiente organizara un acto en Tui ao que non foi convidado o Concello
Data: 20-04-2017- 18:15 h.
3576 veces
NOVA

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, quere facer público o seu malestar polo feito de que a Consellería de Medio Ambiente organizara un acto en Tui  ao que non foi convidado o Concello.

O pasado martes día 20 a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o responsable de Caixabank en Galicia, Marc Benhamou, asinaron  un acordo marco para colaborar en dous proxectos de I+D+i, o través da Fundación La Caixa e coa participación das universidades de Santiago e de Vigo. O acto da sinatura tivo lugar nas instalacións do Parque Natural do Monte Aloia, para máis tarde realizar unha visita a distintos lugares deste espazo protexido.

Entende o rexedor tudense, Enrique Cabaleiro, que as máis elementais normas de cortesía terían indicado a necesidade de, como mínimo, informar, ou o que sería máis axeitado, convidar a ese acto ao Concello de Tui, representado polo seu alcalde, máxime tendo en conta que sí estaban presentes outros representantes políticos, nomeadamente un exalcalde do PP.

Chama a atención Enrique Cabaleiro sobre o feito de que máis aló do partido político ao que pertenza o actual alcalde, este representa a todos os tudenses, polo que a consellería, e a propia conselleira , deberían telo en conta.

O Parque Natural do Monte Aloia é un dos bens naturais máis prezados e un dos valores culturais e paisaxísticos cos que máis se identifican os tudenses, por iso parece unha mostra de pouca sensibilidade esquecer ao representante de Tui, aínda que ben podería parecer un acto de propaganda partidista so aberto aos representantes do Partido Popular.

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625