Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Reunión informativa ante a posta en marcha de novos composteiros comunitarios
Data: 09-08-2017- 12:19 h.
288 veces
NOVA

Será mañá ás 21h na Sala Félix Rodríguez dirixida aos veciños da contorna da Área Panorámica

Mañá xoves, 10 de agosto, ás 21h na Sala Félix Rodríguez da Área Panorámica terá lugar unha reunión informativa sobre reciclaxe e compostaxe doméstica. A charla vai dirixida aos veciños da contorna da Área Panorámica, é dicir rúas Colón, Casal Aboy, Ourense e Compostela, ante a posta en marcha dun novo grupo de composteiros comunitarios na traseira da Área Panorámica no aparcamento municipal.

Nesta reunión informarase aos asistentes do proceso de compostaxe comunitaria e dos sinxelos pasos que teñen que seguir para empregar os composteiros comunitarios. Estarán presentes tanto o concelleiro de Medio Ambiente, José Martínez Tato, coma o mestre composteiro, Manuel Gómez.

Este é o terceiro grupo de composteiros comunitarios que se poñen en marcha en Tui en colaboración con Deputación, ante a excelente resposta obtida por parte dos veciños nos situados tanto na Avenida de Portugal coma na rúa Compostela.

Dende a concellería de Medio Ambiente do Concello de Tui lémbrase o obxectivo de incrementar progresivamente a cantidade de lixo que se recicla, ata chegar ao 50% no ano 2020. Para lograr este fin apostase pola compostaxe dos residuos orgánicos, tanto con estes grupos de composteiros comunitarios, coma co reparto de composteiros individuais que se realizou nos últimos meses. Tamén se fai fincapé na importancia de reciclar o cartón e papel, os envases lixeiros, o vidro, a roupa en desuso ou mal estado, empregando os contedores instalados tanto no casco urbano coma nas parroquias. Tamén outro material coma pillas, lámpadas, cd’s se poden depositar nos minipuntos limpos situados no casco urbano, e os elementos de maior tamaño coma colchóns, mobles… no punto limpo situado en Guillarei que abre de luns a venres de 8 a 14h e os sábados de 9 a 13h. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625