Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Resumo boletíns oficiais do 25 de setembro ao 1 de outubro de 2017
Data: 09-10-2017- 13:28 h.
237 veces
NOVA

Semanalmente dende o Centro de Formación do Concello de Tui recompílanse as bolsas, axudas, ofertas de formación... publicadas nos distintos boletíns oficiais. Estas son as correspondentes á semana do 25 de setembro ao 1 de outubro 

 

Martes, 26 de setembro de 2017                                                                                                                 

Suvencións contratación

axentes emprego                     ORDE do 11 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases que regulan as axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro para contratar axentes de emprego e unidades de apoio, e se convocan para o ano 2017. DOGA

Mércores, 27 de setembro de 2017                                                                                                 

Axudas para mobiliario

de cociña e baño                 RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria. DOGA

 

Venres, 29 de setembro de 2017                                                                                                     

 

Bolsas prácticas

en empresas                      ORDE do 14 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria pública, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, das subvencións para o financiamento das bolsas ás persoas novas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil que realizan prácticas non laborais en empresas, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil (procedemento TR363A). DOGA

 

Subvencións programas

interese social                    ORDE do 22 de setembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para conceder subvencións destinadas a realizar programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas.

DOGA

Cursos empregados

públicos                           RESOLUCIÓN do 18 de setembro de 2017 pola que se convocan cursos para empregados e empregadas públicos das entidades locais e do sector público autonómico de Galicia. DOGA

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625