Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Redrum presenta este sábado en Tui “A nena que quería navegar”
Data: 08-11-2017- 14:52 h.
309 veces
NOVA

O acoso escolar é o tema que aborda a proposta teatral que este sábado, 11 de novembro, ás 19h, chega ao Teatro Municipal de Tui da man de Redrum baixo o título de “A nena que quería navegar”.

Laura Míguez, Guillermo Carbajo e Carlos Álvarez-Ossorio conforman o elenco dirixido por Álex Sampayo nunha obra está recomendada para público familiar dende os 4 anos.

Neste espectáculo cóntase a historia dunha rapaza, que farta de insultos, empurróns e illamento social, foxe da escola para non volver nunca máis. Na súa aventura atopará ao Xeadeiro, un personaxe máxico e vital que lle devolverá a autoestima perdida a base de contos, adiviñanzas, xogos e cancións, que lle ensina que dentro de cada un de nós se agocha un ser único e especial e que só crendo nas nosas capacidades seremos quen de conseguir todo o que nos propoñamos. Neste espectáculo trabállase coa idea do reforzo positivo coma unha das claves para previr o acoso escolar.

Redrum Teatro creouse en 2009 conxugando grandes valores da escena galega con novos creadores cunha visión innovadora e arriscada.

As entradas están á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info até o sábado ás 12h, ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes.

Redrum con “A nena que quería navegar”

Lugar: Teatro Municipal de Tui

Data: Sábado, 11 de novembro, ás 19h

Entradas: á venda ao prezo de 4€ e 3€ en www.culturatui.info até o sábado ás 12h, ou o sábado dende ás 17.30h no despacho de billetes.

 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625