Notice: Undefined variable: lblNoticiaLeida in /var/www/vhost/concellotui.org/home/html/include/funcionesNoticias2.php on line 183 Concello de Tui
Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

Máis de 300 alumnos de 5º e 6º de Primaria participarán mañá na segunda proxección de O Cine nas aulas
Data: 14-11-2017- 14:30 h.
122 veces
NOVA

Mañá mércores, 15 de novembro, 318 alumnos de 5º e 6º de Primaria asistirán no Teatro Municipal de Tui á segunda proxección do programa “O Cine nas Aulas” que leva a cabo o Servizo de Prevención das Drogodependencias do Concello de Tui.

En concreto asistirán escolares dos CEIP Nº2, CEP de Caldelas, CEIP de Pazos de Reis, CEIP Nº1, CEIP de Randufe e Colexio Marista Sta María.

A película que visionarán ten importantes referencias cara á amizade e a convivencia, mostrando como as mesmas serven para axudar de xeito positivo e realista a tratar as dificultades que os protagonistas se atopan na vida cotiá. A película mostra tamén coma os seus personaxes logran superar as dificultades: na historia todos os protagonistas teñen unha profunda tristeza pola soidade, abandono ou morte dalgún ser querido. A obra resalta a importancia da amizade, a mesma, é a clave fundamental da historia. Para rematar, tamén se destaca a importancia do coidado dos animais xa que na historia se descubre que un animal aumenta o autoestima do coidador e lle axuda a superar os problemas emocionais que poida ter.

O alumnado recollerá tras a proxección as unidades didácticas, elaboradas pola Técnica de Prevención do Concello, coas que logo traballarán nas aulas xunto co profesorado. O cinema é un recurso de primeira magnitude para abordar diversas temáticas transversais.

A primeira proxección do programa “O Cine nas aulas” deste curso tivo lugar o pasado día 31 de outubro. Á mesma asistiron 209 alumnos e 10 profesores/as de 2º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón, San Paio,  e Colexio Marista Sta María. Coa película proxectada traballaron posteriormente sobre a comprensión e análise do filme, a cultura do desperdicio, a utilización do alcol, e a superación persoal.

O programa continuará no segundo trimestre dirixido ao alumnado de 2º da ESO. 

  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625