Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

             
Camiño de Santiago
A cidade de Tui é unha etapa clave do camiño portugués a Compostela, pois Tui é un dos camiños naturais de penetración a Galicia dende as terras lusitanas, camiño que foi trazado xa en época romana ao deseñar a via XIX, do itinerario de Antonino, que comunicaba as dúas capitales da antita Gallaeciae, Braga e Lugo. O “Castellum Tude” era unha das etapas desta via romana, pola que andando os séculos discurrirán os camiños medievais.

O descubrimento da tumba do Apostolo Santiago en Compostela e o inicio das peregrinacións xacobeas implica o paso pola nosa cidade de numerosos peregrinos procedentes das veciñas e irmáns terras de Portugal.

Tui figura nos itinerarios de numerosos peregrinos ilustres. Os más antigos coñecidos con os cruzados británicos Osborne e Arnolfo que no ano 1147 pasan por Tui, ou xa en 1494 Jerónimo Munzer ou Juan Bautista Confalonieri en 1594 e Cosme de Médicis en 1669.

Tui contaba cun Hospital para Pobres e Peregrinos (hoxe sede do Museo Diocesano) onde os peregrinos tiñan dereito de asilo e podían pernoctar ata tres días, a nosa Catedral levantada no século XII contou durante moitos anos tamén cun “botafumeiro” para poder acoller no seu triforio aos peregrinos xacobeos no seu percorrido cara a Compostela.

O camiño xacobeo discurre pola nosa cidade dende os antigos portos da Barca, próximos á vella ponte internacional, ata a “ponte das febres” na parroquia de Ribadelouro logo de percorrer lugares tan significativos como o noso casco histórico coa Catedral como elemento máis representantivo, o convento de Santo Domingo, a igrexa prerrománica de San Bartolomeu de Rebordans, a Capeliña da Virxe do Camiño, etc.
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625