Buscador Concello de Tui Usuario: Contrasinal: Rexistrarme
   

Concello de Tui
Departamentos
Outros

               
Conjunto histórico

MUSEO DIOCESANO

Ubicado no antiguo Hospital para Pobrese Pregríns, levantado no 1756. Aquí os pergríns a Compostela tiñan dereito a pernoctar tres noites, na sua planta baixa está a alhóndiga ou mecado da cidade. Destaca no seu interior o seu fermoso patio central e as ricas coleccións de arte sacrodadiócese e de arqueoloxía da cidade (entre ela o casco 'celta' de Caldelas).

CAPELA DE SAN TELMO

Exemplar único do barroco portugués en Galicia, edificada sobre a casa onde morreu este santo dominicio no século XIII. Iniciada no 1769 anque non se finalizou ate 1803. Destaca a sua planta circular, a sua cúpula gallonada e os frescos de principios do XIX.

CONVENTO DE CLARISAS

Sobre os antigos palacios episcopáis da Oliveira edifícase entre os séculos XVII e XVIII o actual convento.A igrexa, de fináis do XVII, corresponde a patróns clasicistas, intégrase no conxunto conventual que destaca polas súas grandes proporcións e solidez constructiva.

IGREXA DE SAN FRANCISCO

Formou parte orixnariamente do convento franciscando de San Antonio, realizado entre 1682 e 1728,cun destacado retablo barroco da primeira mitade do XVIII.

O antigo convento é na actualidade o Seminario Menor diocesano, dende 1850, con dous claustros, un barroco e aberto.

CONVENTO DE SANTO DOMINGO

A súa igrexa está edificada en estilo gótico, característico dos primeiros tempos desta orde medicante e está dotada con dous magníficos retablos barrocos, ambolos dous do século XVIII. O maior, obra do artista redondelano, Antonio del Villar, destaca pola súa grandiosidade, no cruceiro sur o retablo da Virxe do Rosario posúe, na súa parte superior, unha curiosa representación da batalla de Lepanto. Esta igrexa e o seu convento -do que se conservan escasos restos arquitectónicos- foi o panteón da nobreza tudense: Soutomaiores, Correas, Ozores, etc...

SAN BARTOLOMEU DE REBORDANS

Levantada sobre precedentes romanos e suevos, esta igrexa data do século XI, coa súa planta basilical, destacando os seus capiteles historiados de rudo primitivismo. Na capela maior conservanse unhas magníficas punturas muráis do século XVI. Este antigo monasteiro foi sede episcopal nos primeiros tempos medieváis.

MURAIAS

Conserva a cidade tudense restos de dúas muraias levantadas para a súa defensa. Unha corresponde á época medieval, edificada nos séculos XII e XIII, formaba un amplio recinto irregular con varias torres defensivas. Conservamos dosseus antigos accesos a Porta da Pía, cos seus postigos vsibles e a base dasúa torre así como diversos tramos da mesma. Nos séculos XVII e XVIII, con ocasión das guerras con Portugal edifícase un novo sistema de amuraiado, máis amplo, cuios principáis restos os podemos contemplar na actualidade dende o paseo fluvial.
       
  Concello de Tui (Praza do Concello, 1) 36700 TUI - Tfno.: 986.603625